O informe solicitado polos concellos non arroxa dúbidas: a desinfección dos centros escolares non é competencia dos municipios
O texto da Secretaría Xeral a Deputación de Pontevedra é concluínte
Pazo da Deputación provincial de Pontevedra
Foto: D.PO.
Foto: D.PO.
Infogauda / Pontevedra
"A desinfección dos centros escolares con motivo del Covid-19 de infantil, primaria e especial non é competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas que excede da pura limpeza".
De esta forma conclúe o informe da Secretaría Xeral da Deputación de
Pontevedra que foi solicitado por concellos da provincia, como xa
ocorreu noutras zonas do estado, para coñecer o alcance real do
"Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid-19 nos Centros de ensino
non universitario de Galicia para o curso 2020-2021" das Consellerías de
Educación, Universidade e Formación Profesional e de Sanidade da Xunta
de Galicia.
A solicitude do informe dos concellos á Deputación,
sobre se a desinfección dos centros é ou non competencia dos municipios,
ven motivada porque o documento da Xunta establece medidas de
prevención e medidas xerais de limpeza como un protocolo de limpeza e
desinfección, limpeza dos aseos ao menos dúas veces ao día, existencia
de material de desinfección, realización de limpeza e desinfección dos
postos compartidos nos cambios de quenda, e ao finalizar a xornada,
entre outras.
O informe asinado polo Secretario Xeral da
Deputación, que xa foi remitido aos concellos, inclúe toda a normativa
legal tanto estatal como autonómica en materia de educación, salubridade
pública e de sanidade, incluídas as responsabilidades mínimas aínda que
non sexan competencias municipais, nas que non figura nin unha soa
excepción para que sexan os concellos os que corran coa desinfección dos
centros.
Tamén figura a única normativa que regula la
desinfección del Covid-19 como lexislación do Estado nos centros
docentes é o RDL 21/2020, de 9 de xuño, que di que "As
administracións educativas deberán asegurar o cumprimento polos
titulares dos centros docentes, públicos ou privados, que impartan as
ensinanzas contempladas no artigo 3 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de
maio, de Educación, das normas de desinfección, prevención e
acondicionamento dos citados centros que aquelas establezan". "Esta nova competencia, di o informe da Deputación, diríxese
ás administracións educativas e os municipios non o son, como así
claramente se deduce da Disposición Adicional décimo quinta da L.O.
2/2006, de 3 de maio. As administración educativas son concretamente o
Ministerio de Educación e a correspondente consellería autonómica en
materia de educación"
Así, o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra é contundente: "podemos establecer, asevera, que a desinfección dos centros escolares con motivo del Covid-19 de infantil, primaria e especial non é competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas, que excede da pura limpeza". O informe incluso refire que "para esta nova competencia (impropia)
que se traslada aos concellos mediante unha disposición que non ten o
rango normativo suficiente, non se acudiu nin á delegación de
competencias na que deberá de valorarse o impacto no gasto nos
municipios afectados sen que en ningún caso poida conlevar un maior
gasto dos mesmos (art. 27 LRBRL), nin a encomenda de xestión a través do
correspondente convenio que así mesmo deberá acompañarse da financiación necesaria (art. 11 Lei 40/2015, de 1 de outubro).
Ningún comentario:
Publicar un comentario