O Concello presentará á veciñanza o proxecto do Ecoparque Viso dos Eidos
Será o vindeiro martes 29 de setembro ás 21.00 horas na Praza de Martín
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal convoca á veciñanza para dar coñecer os detalles do proxecto do Ecoparque Viso dos Eidos. A presentación e exposición pública realizarase o vindeiro martes 29 de setembro na Praza de Martín, onde a alcaldesa, Ánxela Fernández, e a arquitecta María Fandiño explicarán o que se realizará na contorna e na que os veciños e veciñas poderán achegar as súas suxestións ou resolver dúbidas.
"A creación deste ecoparque suporá a transformación dun ámbito de propiedade municipal nun espazo de convivencia para a veciñanza e a posta en valor do patrimonio etnográfico que hai nesa contorna. Todo o proceso realizarase empregando técnicas naturais e tradicionais, con especies autóctonas relacionadas coa auga dada a importancia que este elemento ten na contorna", indican desde o Equipo de Goberno Municipal.
O proxecto contará cun orzamento total de 93.000 euros financiados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e con fondos propios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario