14 de set. de 2020

LABORAL

CONCENTRACIÓN EN LEMBRANZA DO TRABALLADOR DO SECTOR DA PEDRA FALECIDO EN ACCIDENTE

Terá lugar este martes día 15 de setembro, ás 12:00 horas, diante do Concello do Porriño

Infogauda / O Porriño 

 A CIG, CCOO e UGT desenvolverán unha concentración en lembranza do traballador do sector da pedra falecido en accidente laboral no interior da empresa Granitos Mondariz o pasado martes día 8. Con esta protesta que terá lugar este martes día 15 de setembro, ás 12:00 horas, diante da Casa do Concello do Porriño (rúa Antonio Palacios, 1), as centrais sindicais queren denunciar a falta de medidas de seguridade que está detrás deste tipo de sucesos e reclamar unhas condicións laborais dignas. Lembran que se trata do quinto accidente laboral mortal que se rexistra no que vai de ano no Porriño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario