Co desafío de La Icónica
Preto de 150 participantes descobriron a beleza e moitos dos atractivos do Baixo Miño
Infogauda / O Baixo Miño
O desafío La Icónica, unha proba que uniu deportivamente as localidades de Oia, O Rosal, Tomiño, Vila Nova de Cerveira, Valená do Minho e Tui, viviu a pasada fin de semana dúas grandes xornadas.
O primeiro percorrido, entre Oia e A Guarda, que constaba de 15 quilómetros, celebrouse o sábado.
Despois, o domingo, os participantes afrontaron o máis esixente, co dobre de quilómetros entre A Guarda e Tui. Tiveron que pasar polo Rosal, Tomiño, Vila Nova de Cerveira, Valença do Minho e Tui. Foron preto de 150 as persoas que se aventuraron a realizar unha proba que tiña coma un dos seus principais alicientes o poder facela na modalidade de marcha nórdica, especialidade que xa ten unha gran aceptación en Galicia.
La Icónica atravesou lugares emblemáticos, tal como era o seu obxectivo. Con saída das inmediacións do Mosteiro de Oia, un escenario de enorme encanto e beleza patrimonial. Alí tamén se citaron as alcaldesas de Oia, O Rosal e Tomiño, Cristina Correa Pombal, Ánxela Fernández Callís e Sandra González Álvarez, respectivamente; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; e o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez. Eles xa coñecen a espectacularidade do trazado, pero experimentaron novas sensacións, ao igual que os participantes.
O Camiño Portugués da Costa, que tamén supón un aliciente para os peregrinos, descubrilo polo deportistas tamén formou parte da filosofía dos organizadores de La Icónica.
Como non podía ser doutro xeito, á iniciativa uníronse os municipios de Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho. Ámbalas dúas câmaras municipais tamén contribuíron con seu apoio á divulgación da zona. A maior parte dos case 150 participantes cubriron o percorrido, esixente por ser tan longo, pero fermoso a máis non poder. E todos prometeron voltar na vindeira edición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario