A cafetería-restaurante da Estación Marítima de A Pasaxe (Camposancos) sae a licitación
Sairá a concurso público por un canon anual de 8.000 €
Infogauda / A Guarda
Na sesión plenaria da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, celebrada o pasado venres día 25 de setembro de 2020, aprobouse a proposta da alcaldía para os pregos de cláusulas técnicas e económico-administrativas para a licitación da cafetería-restaurante da Estación Marítima de A Pasaxe, en Camposancos (A Guarda).
Na actualidade este espazo atópase cedido por Portos de Galicia ao Concello de A Guarda ata o 2029, e sairá a concurso público por un canon anual de 8.000 €, asumindo o mantemento, conservación e explotación do espazo.
Os criterios de adxudicación serán o incremento do canon anual e as maiores coberturas e contías da póliza do seguro das instalacións con cláusula de responsabilidade civil sobre o mínimo previsto no prego correspondente.
Deste xeito quedan aprobados os pregos de cláusulas técnicas e económico-administrativas que servirán como base para a adxudicación deste contrato de explotación. Os mesmos serán publicados nos vindeiros días na sede electrónica municipal: https://aguarda.sedelectronica.gal/info.0
O prazo de presentación de ofertas queda aberto, dende a publicación dos pregos, durante un período de 20 días hábiles, cando se procederá a apertura de sobres e posterior adxudicación á oferta presentada mellor valorada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario