Horario de inverno na rede de museos e na Oficina Municipal de Turismo de A Guarda
Entrará en vigor desde o día 1 de outubro
No interior desa construcción inspirada na antiga atalaia atópase o Museo do Mar de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda vén de comunicar que dende o vindeiro xoves día 1 de outubro, entra en funcionamento o horario de inverno na rede municipal de museos e na Oficina de Turismo, co peche do Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz.
A Oficina Municipal de Turismo prestará servizo de luns a domingo, de 10:00 a 14:00h e de 16:30 a 19:30h, nas instalacións da Praza do Reló.
O Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) abrirá as súas portas de martes a domingo de 10:00 a 18:30h
O Museo do Mar, sito no final do paseo marítimo, estará aberto as fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h.
Pola súa banda o Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz pecha as súas portas ata a vindeira primavera, quedando aberto o espazo público deste recinto fortificado.
Máis información na Oficina Municipal de Turismo na Praza do Reló s/nº, ou chamando ao 986 61 45 46 ou no enderezo electrónico turismo@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario