25 de set. de 2020

A GUARDA

Remataron as obras de mellora do entorno do Parque de Laxe Grande  


No día de hoxe, o alcalde de A Guarda e o concelleiro de Vías e Obras, visitaron este parque para comprobar o remate destas obras

Fotos: C.A.G.

 

Infogauda / A Guarda

  O Equipo de Goberno Municipal vén de facer público este venres día 25 de setembro que "fai uns días remataron as obras de mellora do entorno do Parque de Laxe Grande, que incluíron a reposición do firme e da area do parque infantil, reparación dos camiños interiores, reparación da fonte e do seu chafariz e substitución integral da balustrada de pedra. Tamén se reubicaron os contedores da recollida do lixo, saneando este espazo de lecer público.  

 


  Estas obras veñen a mellorar un dos espazos públicos do noso municipio, aportando tamén novas medidas de seguridade cunha nova balustrada en pedra, máis segura e firme que a que existía até o de agora
".   

 No día de hoxe, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero,  visitaron este parque para comprobar o remate destas obras, amosando a súa satisfacción ante o resultado final, que ven a cumprir coas demandas dos veciños para este espazo público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario