CONMEMORACIÓN DA FESTIVIDADE DA VIRXE DAS MERCEDES
Infogauda / A Gándara
A Asociación de Veciños O Percamino vén de facer público o cartel cos actos relixiosos correspondentes á conmemoración da festividade da Virxe das Mercedes, e que neste ano 2020, serán os seguintes:
Venres, 18 de setembro, ás 18:30 horas, santo rosario e a continuación novena e misa.
Xoves, 24 de setembro, ás 18:30 horas, santo rosario e a continuación novena e Misa polos devotos falecidos.
Domingo, 27 de setembro, ás 9:00 horas, pasacalles coa treboada O Trebón dos Xidos.
Ás 12:00 horas, misa solemne, con sermón, cantada polo Coro Cantabile, na honra da Virxe das Mercedes.
Os devanditos actos terán lugar na capela das Mercedes, con aforo limitado, uso obrigatorio de máscara e débese manter á distancia de seguridade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario