31 de ago. de 2020

TUI

O BNG critica ao Goberno Municipal 

Polas carencias das obras realizadas no Clube de Tenis Tui

Carmen Núñez, portavoz municipal do BNG no Concello de Tui


Infogauda / Tui 

 "O BNG de Tui considera deficientes as obras de mellora nas instalacións de tenis en Areas", afirma súa voceira local, Carme Núñez. "Moitas destas deficiencias teñen que ver coa calidade das redes, dos tubos e mallas, algúns deles xa rotos ou deformados. Destas últimas, algunhas das que se sitúan no perímetro das instalacións nen sequera se atopan ben ancladas. Paradigmático é o caso da caseta das duchas: que segue a estar colocada sobre rodas, igual que antes da obra, e agora, xa inaugurada, non conta aínda con luz nen auga quente e tampouco tivo ningunha mellora no desaugadoiro".  

 Ademais, os nacionalistas indican que "non se tivo en conta o entorno que rodea o complexo: o terreo que rodea as pistas está a maior nivel que estas, o que vai facer que coa chuvia a terra entre dentro das mesmas. Non se considerou a posibilidade de ter preparado un lugar cuberto para os pais que levan ós nenos a entrenar, pensando sobre todo nos meses de inverno.  

 A isto, engádense pequenas deficiencias, como a mal acoraxe da porta de entrada, o estado da caseta da luz, e demáis. Todo isto fai que estas obras, despois dunha inversión de  53.095,22 euros, e a catro días da súa inauguración, presenten xa un mal estado".  

 Finalmente Carme Núñez recorda: "Hai que lembrar que o  club de tenis conta con 60 deportistas federados. Moitas destas deficiencias teríanse evitado se se  contara coa opinión e o coñecemento que teñen os membros do club en canto as súas necesidades."

Ningún comentario:

Publicar un comentario