6 de ago. de 2020

TOMIÑO

O Concello de Tomiño arranxa sendas e áreas recreativas de diferentes espazos naturais  

A Concellería de Deportes instalou na Praia de Goián unha rampla para persoas con mobilidade reducida  

Mesa informativa en Figueiró
Fotos: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño, a través do Departamento de Obras, continua a súa labor de arranxar sendas e percorridos por distintos espazos naturais para que a xente que os utiliza, sobre todo, despois do confinamento, poida pasear e facer exercizo nas mellores condicións posible. 

 Desde o Equipo de Goberno Municipal lembran que "na senda do río Miño entre a Ponte Internacional de Goián e o límite co concello de O Rosal, é unha das máis utilizadas para camiñar ou montar en bicicleta, foi necesario limpar as marxes e arranxar varias pasadeiras de madeira e guías laterais, así coma limpar e restituír o xabre, co que a senda quedou moito máis transitable.
  

Senda en Goián


 Asemade, arranxáronse e limpáronse de maleza e acondicionáronse as contorna da Fortaleza de San Lourenzo de Goián, Lago da Pedra e río Furnia, coma así tamén diferentes sendeiros das parroquias de Sobrada, Currás e Amorín. Do mesmo xeito, leváronse a cabo labores de mantemento e substitución de pezas deterioradas no pantalán de Goián. 

 Nas últimas semanas, reparáronse paneis informativos, na senda que vai até Forcadela, na zona de Maceiras e acondicionáronse sendeiros próximos ao Miño, en Carregal, Currás (Parque da Raña e ponte de madeira en mal estado) e Sobrada".

Parque da Raña e ponte arranxa, en Currás



 O concelleiro de Obras, Alexandre Pérez Souto, explica que "tras a corentena, a veciñanza comezou a utilizar moito as sendas e camiños de espazos naturais da localidade, para pasear e facer exercizo". 

 Por outra banda, "a Concellería de Deportes instalou na Praia de Goián, con persoal municipal, unha rampla para persoas con mobilidade reducida. Unha tarima fixa de madeira, de 4.30 metros de lonxitude, e outra parte móbil, feita de lona, compoñen a nova rampla que poden utilizar todas as persoas con mobilidade reducida que o desexen".

Ningún comentario:

Publicar un comentario