Unha vintena de persoas obteñen a licencia de navegación en Goián (Tomiño)
· A acción formativa, impartida pola Federación Galega de Motonáutica a pasada fin de semana, tivo unha parte teórica e outra práctica
· Contando cun pantalán e unha embarcación adaptada para as persoas con problemas de mobilidade
Quince persoas fixeron o curso completo (teoría e práctica) e 7 realizaron só a parte práctica, (xa que estaban en posesión da autorización federativa que lles convalida a parte teórica)
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño
Un total de 22 persoas realizaron o pasado sábado, un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación, organizado pola Federación Galega de Motonáutica, coa colaboración da Concellería de Deportes de Tomiño.
Quince persoas fixeron o curso completo (teoría e práctica) e 7 realizaron só a parte práctica, (xa que estaban en posesión da autorización federativa que lles convalida a parte teórica), contando cun pantalán e unha embarcación adaptada para as persoas con problemas de mobilidade.
Algunhas das persoas matriculadas proviñan de distintos concellos da zona, coma O Rosal, A Guarda, Baiona, e Salceda de Caselas, contándose tamén con dúas procedentes de Madrid, pero a maioría eran do propio concello de Tomiño.
Este era o segundo curso organizado no 2020 pola Federación Galega de Motonáutica en Tomiño para a obtención da Licencia de Navegación. Dada a gran demanda existente, se está a pensar en realizar outro a finais de agosto ou setembro.
Dende a Federación Galega de Motonáutica explican que a mesma “leva uns años apostando polo Concello de Tomiño para facer actividades náuticas, de feito, neste municipio sempre se celebra una proba do Campionato Galego Inclusivo – Slalom de Motonáutica, que este año está prevista para o mes de setembro, e tamén se celebrou o pasado ano un bautismo de motos acuáticas, para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario