5 de ago. de 2020

RIBADAVILA (A GUARDA)

ACTOS NA HONRA DE NOSA SEÑORA DA GUÍA

Patroa dos camiñantes e dos navegantes


 Infogauda / A Guarda 

 Se nada o impide, a festividade da Virxe da Guía - patroa dos camiñantes e dos navegantes - non pasará por alto. Non haberá as actividades deportivas e lúdicas e doutros anos, nin as tradicionais verbenas, pero os devotos de Nosa Sra. terán oportunidade de participar - de acordo dos protocolos establecidos polas autoridades sanitarias -, nos actos relixiosos que están previstos, e que comezarán o venres día 28 de agosto, ás 20:00 horas, na igrexa parroquial, co inicio da novena e a misa posterior. 

 O domingo día 6 de setembro, ás 11:30 horas, na igrexa parroquial, celebrarase unha misa solemne. Será obrigado o uso de máscara e o respecto das distancias entre as persoas. Tanto a entrada como á saída do templo haberá xel desinfectante a disposición dos asistentes.

 O martes día 8 de setembro, ás 10:00 horas, celebrarase unha misa en lembranza dos mordomos falecidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario