4 de ago. de 2020

LABORAL

A PRECARIEDADE LABORAL MATA

PROTESTA ACCIDENTE LABORAL

Este mércores 5 de agosto, ás 10:00 horas, na empresa Sólido Feed no Porriño 

Infogauda / O Porriño

 A CIG de Vigo convoca unha concentración este mércores 5 de agosto ás 10:00 horas, na empresa Sólido Feed no Porriño, tras a morte o pasado luns 27 de xullo en accidente laboral dun traballador afiliado da central sindical.  

 A protesta terá lugar diante das instalacións da compañía, compartidas coa empresa Alfaland, na estrada Porriño-Salceda, 21 (PO-510), no lugar de Vilafría (Atios).

 "Trátase do cuarto accidente mortal rexistrado no Porriño no que vai de ano, polo que dende a CIG queremos denunciar a precariedade, os altos ritmos de traballo e a falta de seguridade que están detrás deste tipo de accidentes", afirman desde a central sindical. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario