10 de ago. de 2020

A GUARDA

Continúa a programación da axenda de verán 2020 na Guarda 

• Visitas guiadas ao casco urbano, ao Monte Santa Trega, á embarcación Piueiro, cinema na rúa, espectáculos infantís e visitas teatralizadas, compoñen a programación para esta semana. 

 

 Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia do covid-19. 

 

 

 

 

 Nesta semana a programación, recollida na Axenda de verán 2020, continúa coas visitas á embarcación Piueiro, que pódense realizar os martes e xoves do verán; as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo), as visitas de natureza que se sucederán cada domingo e as visitas polo casco urbano, os mércores e xoves de agosto. As inscricións se poden realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 61 4546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

 Os venres, sábados e domingos proseguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), teléfono 986 610 504, ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es 

 

 Tamén continúan esta semana as visitas teatralizadas no Monte Santa Trega, cun notable éxito e que xa colga novamente o cartel de aforo completo para esta semana.  

 

 O venres 14 ás 22:30h a Praza do Reló acollerá unha nova sesión de cinema na rúa coa proxección da película “O noso último verán en Escocia”. É preciso reservar praza no Centro Cultural no 986 611 850 ou en centrocultural@aguarda.es.  

 

 

 O sábado 15 ás 20:00h a Fortaleza de Santa Cruz será o escenario para “Punkdemia”, un espectáculo para todas as idades de Peter Punk. É preciso reservar praza no Centro Cultural no 986 611 850 ou en centrocultural@aguarda.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario