A Concellería de Deportes de A Guarda organiza unha ruta en kaiak
O xoves día 27 de agosto, ás 16:30 horas, desde á Praia de As Eiras
Infogauda / A Guarda
A concellería de Deportes do Concello de A Guarda organiza para o xoves día 27 de agosto unha Ruta en Kaiak polo río Tamuxe.
As inscricións xa están abertas e a actividade ten un custo de 4€ por persoa.
A ruta terá inicio ás 16:30h dende a Praia de As Eiras, no Concello do Rosal, e continuará ata o Río Tamuxe. Un percorrido polo ríos Miño e Tamuxe, de grande beleza paisaxística e natural.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no seguinte formulario en liña: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdJvXl7vPnnskXUOA9p_Fd0aVFTPdpfPdmF7k7DbTWzlq3qGA/viewform
Ningún comentario:
Publicar un comentario