11 de ago. de 2020

A GUARDA

A  PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA CONVOCA UNHA NOVA CONCENTRACIÓN  

PARA O XOVES 13 DE AGOSTO, ÁS 12:00 H. 

Infogauda / A Guarda

 A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda convoca unha  nova concentración para o xoves día 13 de agosto, ás 12 da mañá diante do centro de saúde de A Guarda.  

  Serafín Fernández Portela, portavoz da plataforma  manifestou:  “A falta de médicos e persoal sanitario continúa.  De 8 médicos que hai en plantilla na actualidade so hai 4 prazas cubertas. Enfermeiras só hai tres. Esta falta de persoal  provoca que as consultas se demoren en algúns casos ata máis de 20 días. A isto hai que engadir a xeneralización da teleasistencia, feito que resulta altamente preocupante e que xa temos denunciado”.  

 Por estes motivos  a Plataforma seguirá mobilizándose e chama a todo o pobo da Guarda e usuarios da contgorna a participar nestes actos de protesta  para impedir que continúe o deterioro da sanidade pública.  

 A plataforma pide a todos os asistentes á concentración que leven máscaras e que se manteñan as distancias de seguridade na concentración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario