O CLUB SOCIEDADE ATLETICA DO TREGA ORGANIZOU UN CLINIC DE ATLETISMO
· Coa participación dos atletas internacionais Eduardo Romero, Adrián Pérez e Víctor Botella
Os atletas internacionais Eduardo Romero, Adrián Pérez e Víctor Botella, cos concelleiros Sara Vicente e Germán Fernández, e directivos da Sociedade Atlética do Trega, no Estadio Municipal da Mata
Foto: S.A.T.
Foto: S.A.T.
Informa: Sociedade Atlética do Trega
Na tarde de onte xoves día 9 de xullo, no Estadio Municipal da Mata (O Rosal), os atletas máis novos do club Sociedade Atlética do Trega, puideron gozar da presenza dos atletas internacionais Eduardo Romero, Adrián Pérez e Víctor Botella que acompañados polo seu adestrador Humberto Martínez, están a realizar unha concentración no Baixo Miño.
Durante unha hora e media os atletas da Sociedade Atlética do Trega gozaron dunha charla entretida con estes atletas de elite, onde non pararon de preguntar e interactuar con eles empapándose das súas experiencias no mundo do atletismo.
No devandito clinic estiveron tamén presentes Sara Vicente Salcidos e Germán Fernández Rodríguez, concelleiros do Equipo de Goberno do Concello do Rosal, así como numerosos pais de atletas e parte do corpo técnico da Sociedade Atlética do Trega.
Atletas como Eduardo Romero, actual 4º clasificado no pasado Campionato de Europa sub 23 nos 800 m. l., e que acredita unha marca persoal de 1.46.62 realizada a pasada tempada con tan só 20 anos, e que tamén foi campión de España sub 23 de 1.500 m. l. en pista cuberta este pasado inverno e actual campión de España universitario. Ademais Adrián Pérez atleta internacional absoluto que acredita unha marca persoal de 10.46 nos 100 m. l. e tamén campión de España universitario nos anos 2017 e 2018, e Víctor Botella, bronce no nacional junior o pasado ano nos 800 m. l., que acredita unha marca persoal de 1.50.82 e que este pasado decembro xa foi convocado por primeira vez pola selección nacional; deleitaron aos atletas e público en xeral, contando as súas vivencias e experiencias no atletismo de elite así como respondendo ás numerosas preguntas que realizaron os novos atletas e pais alí presentes.
Experiencias como estas fan que os mozos deportistas manteñan a ilusión nesta época difícil despois do confinamento e todas as limitacións que a volta aos adestramentos están a producir, vendo de primeira man a atletas internacionais preto deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario