7 de xul. de 2020

LABORAL

A representación legal dos traballadores de BorgWarner en Vigo, quere deixar constancia do seu total desacordo coa aplicación do ERE  

E emprenderá tódalas medidas dentro do seu ámbito para evitar que se leven a cabo os despidos

Concentración de membros das seccións sindicais en representación legal dos traballadores de BorgWarner en Vigo, esta mañá diante da sede da Xunta de Galicia en Vigo
Foto: C.E.

Comité de Empresa de BorgWarner Spain / Vigo

 BorgWarner Emissions Systems Spain S.L.U. ten o seu domicilio en Vigo, con 2 centros de traballo, Zamáns-Vigo e Porto do Molle-Nigrán. 

 Ten 52 años de historia. No ano 2010 foi adquirida polo grupo BorgWarner e foi integrada na unidade de negocios de Emissions Systems. 

 A fábrica de BorgWarner Vigo dedicase á produción de compoñentes do automóbil, principalmente á fabricación de coolers EGR e elementos tubulares para o automóbil.

 A fábrica pasou de 614 traballadores de media no ano 2017 e 2018,a 560 traballadores en 2019 chegando a 477 en Xullo de 2020.  


  A empresa acolleuse ao ERTE de causa de forza maior motivado polo covid-19 que a día de hoxe continúa vixente, sendo estendido pola dirección da empresa e pudendo prorrogarse ata o 30 de setembro de 2020. 

 A pesar de estar cuberto por este ERTE por forza maior, e na véspera de comezar o período vacacional, (a primeira quenda comeza o 17 de Xullo sendo o peche das instalacións por vacacións as dúas primeiras semanas de Agosto). A dirección, aproveitando este período, e con data de 25 de Xuño comunica ao Comité de Empresa, que iniciará o período de consultas para a implantación dun Expediente de Regulación de Emprego Extintivo (ERE).

 Con data 3 de Xullo constitúese a mesa de consultas de ERE onde a empresa aportou a documentación para realizar un total de 103 despidos de traballadores pertencentes ao centro de traballo situado en Zamáns-Vigo.

  Por Grupos Profesionais, a empresa sinala que actualmente hai: 

27 Directivos, con ningún afectado. 

129 Técnicos, dos cales afectará a 6 mulleres e 25 homes. 

15 Administrativos, dos cales afectará a 2 mulleres. 

306 Obreiros, dos cales afectará a 14 mulleres e 56 homes. 

 En total son 22 mulleres y 81 homes, cun total de 103 traballadores afectados, dos 477 traballadores actuais que ten a empresa. 

 A extinción dos contratos levaríase a cabo dentro del período máximo de 6 meses dende o momento que finalice el período de consultas, isto é, dende o 1 de Agosto. 

 A empresa pretende indemnizar con 25 días por ano traballado, e supomos que limitado a un máximo de 1 ano. 

 Nos últimos años os beneficios da empresa en Vigo foron abundantes, como reflexa o seguinte gráfico de beneficios despois de impostos do período 2013-2018:





 Do ano 2019 aínda non se dispón das contas auditadas pero segundo as informacións aportadas pola dirección da empresa estimase que o beneficio despois de impostos foi de 12,4 M€. 

 É dicir, nos últimos 7 anos a suma dos beneficios despois de impostos foi de 77,3 M€. 

 A relación do beneficio por traballador foi aumentando progresivamente nos últimos años, como se observa na seguinte gráfica.


  O ERE que a dirección da compañía quere aplicar baséase en causas produtivas, debido á diminución dos proxectos e volumes de vendas dos Coolers EGR, debido á caída do mercado diésel, pero mentres a fábrica de Vigo está sendo desposuída de novos proxectos, a fábrica máis próxima a este centro, dentro do grupo BorgWarner e a súa unidade operativa Emissions Systems, situada na localidade de Viana do Castelo (Portugal) a tan só 70 km de distancia, foi crecendo en número de proxectos e na contratación de novos traballadores, ata chegar a máis de 1.000 traballadores en 2019, ao mesmo tempo que en BorgWarner Vigo os eventuais foron diminuíndo e só quedaron os traballadores indefinidos. 

 A representación dos traballadores cre que detrás deste ERE está a progresiva recolocación da fábrica de Vigo e incluso o futuro peche, buscando a maior marxe de beneficio posible. 

 No centro de traballo de Zamáns e no outro centro do polígono de Porto do Molle (Nigrán) atópanse dous centros técnicos para o desenvolvemento e investigación de novos produtos. Estes centros técnicos reciben subvencións públicas por parte da Xunta de Galicia, pero estas subvencions, que son pagadas ao fin e ao cabo por todos los contribuíntes, só serven para o desenvolvemento de novos produtos que despois fabricaranse noutros centros de traballo distintos aos ubicados no estado español (desenvolvendo produtos que son producidos en fábricas de Portugal, India, China, USA, México,…, pertencentes ao grupo BorgWarner). Estas subvencións non están valendo para evitar que se produzan despedimentos e perdas de postos de traballo na fábrica de Zamáns, como se ven realizando nos últimos anos e como se queren realizar agora coa aplicación do presente ERE para 103 traballadores.

  A representación legal dos traballadores de BorgWarner en Vigo, con todas as súas seccións sindicais integrantes: CIG, UGT, SIT, USO, CGT e CCOO, quere deixar constancia do seu total desacordo coa aplicación deste ERE e emprenderá tódalas medidas dentro do seu ámbito para evitar que se leven a cabo os despidos.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario