15 de xul. de 2020

GALIZA


MAÑÁ, XOVES 16 DE XULLO, AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS CIG, CCOO,CSIF E UGT CONVOCAN A 7ª XORNADA DE LOITA NOS CENTROS SOCIAIS RESIDENCIAIS DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL 

 As Organizacións convocantes reivindicamos: 

 Que a Consellería de Política Social debe atender as demandas do persoal que traballa nos centros de atención directa, pasando a reintegrar dentro dos seus dereitos establecidos en Convenio:

− Mínimo dous días de descanso semanal consecutivos
− Mínimo librar a metade dos fins de semana de xeito alterno
− Mínimo librar a metade dos festivos anuais
− Descanso compensatorio por domingos e festivos traballados

 
 Poren demandamos a apertura dunha mesa de negociación para tratar :
− A DEFENSA DUNS SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS, DIGNOS E DE CALIDADE
− INCREMENTO DE PRAZAS PÚBLICAS DE XESTIÓN DIRECTA
− FIN DA PRECARIEDADE NO SECTOR PÚBLICO
− A TRANSFORMACIÓN DOS CONTRATOS PARCIAIS A XORNADA COMPLETA

 
Para reclamalo o persoal das residencias de maiores, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidade sairán en concentración diante dos seus centros de traballo nunha nova xornada de loita este xoves 2 de xullo. 

 Data: Xoves, 16 de xullo de 2020 
 Hora: Entre as 11:00 e as 11:30 horas 

 Aínda que as concentracións se van a realizar a partir das 11 da maña nos centros de toda Galicia, sinalamos as que convocamos como referencia para medios de comunicación:

● Ferrol: Residencia Maiores Caranza
● Coruña: Residencia Maiores Oleiros, Torrente Ballester e CAPD Coruña
● Santiago: Residencia de Maiores de Volta do Castro
● Lugo: Residencia de Maiores As Gándaras. CAPD Sarria
● Ourense: Residencia de Maiores Nosa Sra. dos Miragres (Cabeza de Vaca)
● Pontevedra: Residencia de Maiores Campolongo (Convocatoria Nacional)
● Vigo: CAPD Chapela e o CARPD Vigo l

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario