24 de xul. de 2020

DEPORTES

FÚTBOL

O EQUIPO SENIOR DO SPORTING GUARDÉS VOLTA Á REXIONAL PREFERENTE - GRUPO SUR


Xogará nesa categoría na vindeira tempada 2020-2021


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  O equipo senior do Sporting Guardés xogará na vindeira tempada 2020-2021, se non hai ningún impedimento sanitario, na categoría de Rexional Preferente - Grupo Sur. Esa é a nova que vén de facer pública a Real Federación Galega de Fútbol ao dar a coñecer no día de onte, xoves 23 de xullo de 2020, á resolución pola cal acordou - e citamos textualmente - "(...) ESTIMAR el recurso presentado por el club SPORTING GUARDÉS frente a las resoluciones del Comité de Competición de fechas 27 de marzo de 2020 y 27 de mayo de 2020 y, en su virtud:

 1º.- Anular y dejar sin efectos las sanciones impuestas al club S.D. Amanecer por alineación indebida mediante resolución de 27 de marzo de 2020 del Comité de Competición, debiendo estarse a efectos clasificatorios al resultado de dicho encuentro reflejado en el acta arbitral,  C.P. Alertanavia (0) - S.D. Amanecer (1).

 2º.- Revocar parcialmente la resolución de 20 de mayo de 2020 del Comité de Competición en relación al anexo referido al grupo 5º de Primera Galicia anulando el derecho de ascenso a Preferente Sur reconocido al club C.P. ALERTANAVIA y atribuyendo el mismo al club SPORTING GUARDÉS (...)". 

 Aos efectos oportunos compre lembrar que cando foi decretado polo Goberno español o Estado de Alarma en todo o país, motivado polo SARS-CoV-2, coronavirus causante da pandemia actual do Covid-19; o equipo do Sporting Guardés atopábase na 3ª posición da táboa clasificatoria da categoría Primeura Autonómica. Como queira que andado o tempo a Federación Galega de Fútbol resolveu dar por rematada a tempada 2010-2020 desa competición de Liga, o Sporting Guardés, a vista do seu cómputo de goles a favor e goles en contra, e da devandita posición na táboa clasificatoria, tiña dese xeito, o ascenso a categoría superior, é decir, a Rexional Preferente - Grupo Sur. 

 Que o equipo senior do Sporting Guardés volte á militar na Rexional Preferente - Grupo Sur supón un logro deportivo que ben merecido o tiñan tanto os xogadores, equipo técnico e colaboradores, como os siareiros, os directivos do club e á cidadanía de A Guarda e súa contorna.


Ningún comentario:

Publicar un comentario