8 de xul. de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE CAMPOSANCOS CELEBRARÁ ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA E ELIXIRÁ NOVA XUNTA REITORA

· Será o venres día 10 de xullo, ás 20:00 horas, na Casa de Montes de Camposancos
 

Vista parcial de Camposancos desde o río Miño, en agosto de 2006
Foto: Infogauda / Arquivo


Infogauda / Camposancos

 Convocada polo seu presidente, José Fernando Martínez Martínez, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos, celebrará asemblea xeral extraordinaria e eleccións á xunta reitora, o vindeiro venres día 10 de xullo, ás 20:00 horas, en segunda convocatoria, na Casa de Montes de Camposancos, sita na rúa Outeiro, 40 A (36788) Camposancos.

 “A asemblea celebrarase cumprindo coas normas de seguridade e a distancia preventiva que dicta a normativa, como consecuencia do Covid-19, afirmou José Fernando Martínez Martínez.   

 Ademais dos asuntos a tratar que figuran na Orde do día, dos que xa se deu conta mediante convocatoria de 20 de xuño, procederase á elección da nova xunta reitora. Unhas eleccións que xa deberon de ser celebradas no mes de marzo e que foi necesario adiar a causa do confinamento provocado pola pandemia.   

 Non se presenta ningunha lista alternativa e a actual xunta reitora preséntase en pleno a reelección coa salvedade de Dna. Ana Belen Serrano, que por motivos laborais deixa o cargo e a sustitúe o xoven D. José Antonio Vázquez Fernández, explicou José Fernando Martínez.

 Polo tanto a nova xunta reitora, se a asamblea confírmaa, quedará formada polas seguintes persoas:
  
 José Fernando Martínez Martinez, presidente; Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, secretario; Domingos Portela Lorenzo, tesoureiro; Mario Baró Pereira, vicepresidente; Gloria Portela Loureiro, Esther Rodriguez Sobrino, Mª Lucía Martínez Diz, Eduardo Alonso Rodriguez, Juan Carlos González González  e José Antonio Vazquez Fernández, vogais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario