27 de xul. de 2020

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PON UN NOVO EXEMPLO DADEIXADEZ DAS SÚAS FUNCIÓNS DO GOBERNO DO PSOE

· O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas refire o abandono existente na praia da Lamiña

Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Converxencia Galega no Concello de A Guarda  
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 Logo de presentala no rexistro municipal do Concello de A Guarda, o concelleiro portavoz do Grupo Municipal Converxencia Galega, Celso Rodríguez Fariñas, vén de enviar este luns 27 de xullo de 2020, á Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, copia da comunicación dirixida ao alcalde, concelleira de Turismo e concelleiro de Vías e Obras do Concello de A Guarda, respectivamente, na que di o seguinte:

¿¿BANDEIRA AZUL?? DEBERA TELA NEGRA CO EMBLEMA PIRATA       

 Despois de levar escoitando durante máis de quince (15) días os comentarios e queixas de veciños e amistades, usuarios asiduos dese enclave, por distintos motivos, ata hoxe non había podido desplazarme o lugar, e creo que a información recibida era bastante suave ca realidade alí observada. 

 Non é posible que fagamos propaganda nas nosas praias, como é no caso das diversas e seguidas que dispoñemos na desembocadura do Río Miño, e logo todo quede en “fumo de xaruto” pois a deixadez e abandono que atopamos no lugar, fai que a xente, especialmente a que nos visita e non sabe os distintos nomes das mesmas, meta a todas no mesmo “saco” e fala “la playa del río Miño” ou que tódolos tramos, sexa la “playa del Molino”. 

 Toda a explicación anterior, e para que se note a problemática de deixadez e abandono que temos no espazo de “A Lamiña”, onde os baños alí instalados son unha “fonte embriagadora” de perfumes variados ante a falta de auga nos mesmos, situación que se repite nas duchas “decorativas” que dispón ese areal, polo tanto na “cantina” alí existente, existen dispensadores de xel e outras medidas, pero teñen que transportar garrafas do “líquido elemento” para facer unha limpeza reducida, situación que se volve máis grave ca normativa que deben imperar nesta pandemia.  

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, denunciamos a deixadez das súas funcións do Goberno do PSOE, e chamamos a atención “a quen deles corresponda para que dunha vez por todas, revisen as instalación que temos nas praias de mar e de río para que funcionen os elementos complementarios necesarios e podan servir a atraer a maior cantidade de turistas, nun pobo que presume de dispoñer dos mellores recursos para ser un punto de referencia no noso país e sirva como un dos motores económicos da recuperación económica de A Guarda. 

A Guarda, a 27 de Xullo do 2020 

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA         



Sr. Alcalde-Presidente 
Sra. Concelleira de Turismo 
Sr. Concelleiro de Vías e Obras 
CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario