30 de xul. de 2020

A GUARDA

A Guarda intensifica a presenza policial 

· E adopta novas medidas fronte ao Covid-19 



Na imaxe, autoridades participantes da reunión celebrada no día de hoxe na Casa do Concello de A Guarda 
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda


 Como era de agardar, a situación sanitaria a nivel autonómico, estatal e internacional, obriga a acordar previsións que conduzan, na medida do posible, a preservar á saúde da cidadanía. 

 Non será por falla de información por parte de todas as autoridades competentes, e a estas alturas todos sabemos como debemos comportarnos, ainda que a nivel individual - nalgúns casos, os menos - non sempre coa responsabilidade personal e colectiva que a situación da pandemia require. 

 O feito de que este ano haxan sido acertadamente anuladas as principais celebracións da nosa localidade, obriga a tomar decisións tendentes a evitar, na medida do posible, situacións que doutro xeito poderían resultar lamentables. Por iso desde este xornal dixital transfronteirizo apelamos a responsabilidade de todos para que unha vez máis á cidadanía de A Guarda demostre seu civismo e seu saber estar.

 A nivel local, segundo vén de facer público o executivo local, na reunión mantida na xornada de hoxe no Concello de A Guarda, entre o alcalde Antonio Lomba Baz; o concelleiro de Seguridade, Miguel Ángel Español Otero; un representante da Policía Local, Rafael Alonso Vicente; o capitán da Garda Civil da Comandancia de Tui, Francisco Javier Martínez; e o comandante do Posto da Garda Civil de A Guarda, Elicio Rivas Freiría, "tomáronse unha serie de medidas que entrarán en efecto a partires desta mesma fin de semana, co obxecto de evitar que se produzan situacións que poñan en perigo a seguridade e salubridade pública, como consecuencia da crise sanitaria orixinada polo Covid-19". 

 Destacando que, polas datas nas que nos atopamos e pola coincidencia da suspensión das Festas do Monte Santa Trega, 2020, "se vai intensificar a vixilancia policial nocturna dende esta mesma fin de semana en colaboración entre a Policía Local e a Garda Civil, para que todas as noites exista presenza policial para disuadir das tentativas de botellón e de que estes non se celebren".

 Ademais, por parte do alcalde se puxo en coñecemento "da próxima publicación dunha Resolución de Alcaldía, onde se decreta o corte de tráfico rodado e peonil o domingo 9 de agosto ao longo de todo o día no Monte Santa Trega e, así mesmo, contempla tamén a prohibición de acceso rodado e peonil ao Monte Santa Trega dende o luns 3 ata o domingo 9 de agosto de 2020, todos os días a partir das 22:00h". 

 Unha vez rematada a referida xuntanza, o Equipo de Goberno Municipal indicou: "Dende o Concello de A Guarda se quere facer un chamamento á poboación a cumprir coas normativas vixentes e ser consecuentes coa situación que estamos a vivir, agradecendo de antemán a colaboración de todos os veciños e visitantes, así coma aos corpos e forzas de seguridade do estado, polo esforzo que están a facer para protexer a saúde de todos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario