13 de xul. de 2020

A GUARDA

Abertas as inscricións para a obra de teatro infantil “Lázaro de Tormes” 

A representación será o vindeiro sábado día 18 de xullo,  ás 20:00 horas, no Auditorio de San Bieito  

Haberá un protocolo COVID para garantir a seguridade e a hixiene no recinto, con asentos numerados e separados entre si

 
Infogauda / A Guarda 

 O vindeiro sábado día 18 de xullo ás 20:00 horas, o Auditorio de San Bieito será o escenario da representación teatral Lázaro de Tormes”, unha actividade destinada principalmente para nenos e nenas.

 Para asistir a función de teatro “Lázaro de Tormes” é preciso inscribirse no Centro Cultural de A Guarda (986 611 850 - centrocultural@aguarda.es). Haberá un protocolo COVID para garantir a seguridade e a hixiene no recinto, con asentos numerados e separados entre si.

 A representación teatral “Lázaro de Tormes” corre a cargo da Compañía Pedras de Cartón, que despois de participar no Festival de Teatro Clásico de Almagro, aterrarán na vila guardesa este sábado.

 Pedras de Cartón presenta a historia  do neno Lazarillo de Tormes, baseada na novela española, anónima e autobiográfica, contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionáis cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Así, Xosé Manuel Esperante, Xosé Vilarelle e Juan Rodríguez, baixo a dirección de Pablo Sánchez e Laura Sarasola, abordan dende o escenario esta coñecida peza da literatura, que ademáis forma parte do currículo educativo nas escolas.   

 Unha comedia sen palabras para gozar en familia.

 O Concello de A Guarda fai fincapé na realización de actividades seguras, mantendo as medidas de hixiene e seguridade vixentes en cada momento, establecendo as citas e inscricións previas para evitar aglomeracións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario