"A viaxe de Exeria ó castro do Monte Santa Trega"
Os Quinquilláns protagonizarán novamente as visitas teatralizadas
• Despois do grande éxito acadado no verán de 2019, a Compañía de Teatro visitará o Castro de Santa Trega todos os mércores
Infogauda / A Guarda
Despois do grande éxito acadado no verán de 2019, o Concello de A Guarda brinda de novo a experiencia das visitas teatralizadas a cargo da Compañía de Teatro Os Quinquilláns. Dese xeito, entre o 15 de xullo e o 26 de agosto, cada mércores, dous personaxes peculiares visitarán o Castro do Monte Santa Trega, nunha actividade que pretende sorprender gratamente a todos os asistentes.
Encadradas no programa O Camiño Aguárdate, dentro da convocatoria O Teu Xacobeo, estas visitas teatralizadas promovem a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño de Santiago. A Compañía Os Quinquilláns, será a encargada de realizar esta actividade que nos transporta a época mais tardía do castro guardés da man de Exeria (Gallaecia, s. IV d. C.), a primeira muller cristiá, poeta e aventureira - tiña que selo, ademáis de moi decidida, para desenvolver unha actividade (viaxar) que naquela altura era privilexio masculino -, que peregrinou desde Occidente a Oriente. Visitou os Santos Lugares - relacionados coa vida de Xesucristo en Palestina -, e logo escrebeu o relato da súa viaxe. A ela atribúeselle haber traído ata a Península Ibérica o culto a mártir Santa Trega, natural de Iconio e discípula de San Pablo.
As visitas teatralizadas misturan a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.
O aforo de cada visita está limitado a 25 persoas, sendo obrigatorio o uso de máscara de protección.
As persoas que desexen asistir a esta nova proposta cultural e de lecer, deberán inscreberse, indicando seus datos, premendo eiquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario