O VOLANTEIRO PIUEIRO BICOU AS RIBEIRAS DE PADRÓN
Para participar na homenaxe a Rosalía de Castro
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro vén de levar a bó termo unha grata singradura co volanteiro Piueiro. Súa tripulación - con Joaquín Cadilla Castro ao fronte, xunto con José Benito Rodríguez (Tito Chirro) e outros veteranos homes de mar - zarpou desde o porto de A Guarda rumbo a Ría de Arousa, e desde alí puxeron proa cara a vila de Padrón, remontando o río Ulla e seu afluente o Sar, para finalmente fondear a carón do Paseo do Espolón, como estaba previsto.
O motivo desa viaxe, como xa informamos aos nosos amables lectores, foi participar o día 24 de xullo na homenaxe a Rosalía de Castro.
A verdade é que esa travesía ten para os animosos membros da Asociación Piueiro un moi alto valor, pois non en balde, oportunamente decidiron que a efixie da Poeta Nacional de Galicia presidira a vela do volanteiro, en boa hora recuperado para orgullo de todo o pobo de A Guarda, que sinte como propios todos os logros que a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro está anotando no seu brillante caderno de bitácora.
Navegar desde A Guarda ata Padrón, con algunha escala en portos irmáns, agarimosamente acollidos por amigos doutras entidades como a Asociación Cultural e Deportiva Dorna, da Illa de Arousa, e participar na homenaxe a Cantora do Sar, é algo que semella un sono. Máis ese sono, que fai poucos anos podía parecer quimérico, foi unha fermosa realidade grazas a decidida vontade dos compoñentes de Piueiro de poñer o nome de A Guarda nun lugar destacado no referente á Cultura e ao Patrimonio Marítimo.
Beizóns ás mulleres - ainda que non aparezan nas imaxes desta viaxe - que souberon apoiar a seus homes nesta singradura tan especial, e beizóns tamén aos directivos e tripulantes da Asociación Piueiro por levar o maior emblema náutico de A Guarda a bicar as augas rosalianas de Padrón, un dos lugares emblemáticos na vida e obra literaria de Rosalía.
Parabéns amigos do Piueiro. Xa volo dixemos noutra oportunidade e voltamos a decilo agora: Estamos - todos os guardeses - moi orgullosos de vos.
GALERÍA DE IMAXES DA AUTORÍA DO FOTÓGRAFO SANTIAGO BAZ LOMBA
Publicada: 29.07.2020
Actualizada a ligazón á galería de imaxes: 30.07.2020
Pregamos mil disculpas a aqueles lectores que tiveron algún atranco para visualizar ás imaxes. Coidamos que unha vez resolta á incidencia - allea totalmente a nosa vontade -, agora poderán ollalas sen novidade. Moitísimas grazas.

Foto de familia dos tripulantes do Piueiro antes de zarpar desde o porto de A Guarda rumbo a Padrón
O volanteiro Piueiro rumbo a Ría de Arousa

O volanteiro Piueiro bicou as augas mansas de Padrón
Fotos: Santiago Baz Lomba

Ningún comentario:
Publicar un comentario