LITERATURA
ALDEA BUXÁN, NOVO LIBRO DO ESCRITOR FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI
· Será publicado no vindeiro mes de agosto
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Ainda que na altura en que a Organización Mundial da Saúde (OMS), declarou a pandemia do Covid-19, o poeta, activista cultural, escritor e dramaturgo - por esa orde, se non lembramos mal -, Francisco Álvarez Álvarez (Koki), atopábase a uns 5.305 quilómetros da Nosa Terra; o certo é que tan axiña como puido retornar ao seu fogar, fíxoo cun fardel ateigado de novas aventuras literarias froito do persoal - e anterior - confinamento creativo. De tal xeito é así, que segundo avanzou a este cronista, nestes intres “está en proceso de reedición, a Antología de poetas españoles en N.Y., pola editorial Juglar, de Toledo”.
Tamén vai sair, posiblemente no mes de agosto, tal e como nos adiantou Álvarez - Koki, o seu novo libro de narrativa ALDEA BUXÁN, ao coidado de Edicións Embora, de A Coruña.
E por se fora pouco, co selo do Grupo Editorial Sial Pigmalion - onde xa publicou anteriormente tres obras da súa autoría: El libro de Lourenzo, Erótica... dos, e Sombra de Luna -, están para sair o libro de poesía HIJOS DE LA LUZ Y DE LA IRA, e tamén a Antología de poetas hispanos VIENTO DEL NORTE. Será - se o coronavirus non o impide - para o vindeiro mes de outubro, coincidindo coa 79ª Feria del Libro de Madrid, que se celebrará do 2 ao 18 dese mes no Parque de El Retiro.
Así é como Francisco Álvarez - Koki - noso autor contemporáneo de maior transcendencia literaria -, mantén activada súa creatividade. E ao mesmo tempo, acredita, unha vez máis, súa insobornable vocación de poeta e escritor, e seu irrenunciable compromiso cívico coa Cultura.

Francisco Álvarez - Koki
Foto: Infogauda

Ningún comentario:
Publicar un comentario