4 de xul. de 2020

A GUARDA

Para conmemorar o Aniversario do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 

Piueiro sortea 4 prazas para navegar no volanteiro




Infogauda / A Guarda

 Con motivo do 1º Aniversario do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia organizado por Piueiro, Culturmar e o Concello da Guarda no 2019, a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro sortea 4 prazas para estar na izada de vela do sábado 11 de xullo de 2020, ás 20:00h, no porto da Guarda. E xa de paso, se o tempo o permite, os tripulantes do volanteiro Piueiro farán unha singradura na que tamén irán as persoas que resulten agraciadas no sorteo.

 O xoves 9 ás 20:00h farase o sorteo de 2 premios de 2 prazas cada un. 

 Os datos recollidos para o sorteo serán borrados despois do mesmo. 

 As persoas participantes neste sorteo autorizan á Asociación Piueiro a publicar unha foto do evento do día 11/07/20 (Aniversario do Encontro) no caso de resultar gañadoras do sorteo.

 Para participar no devandito sorteo hai que acceder á páxina web da  Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro e indicar nome, apelidos e número de teléfono da persoa que desexa participar no sorteo.

1 comentario:

  1. creo que con el correo electronico deberia ser suficiente para participar.en caso de ser ganador ya se aportarian los datos correspondientes.saludos.

    ResponderEliminar