A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA CONVOCA NOVAS CONCENTRACIÓNS DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE
· O
próximo xoves día 30 de xullo ás 12 da mañá diante do
centro de saúde de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda convoca unha concentración o próximo xoves día 30 de xullo ás 12 da mañá diante do centro de saúde de A Guarda.
Segundo manifestan os portavoces da plataforma “os vellos problemas continúan, ou vense incluso aumentados. A falta de médicos e persoal sanitario lonxe de solucionarse sufre novos recortes neste periodo estival o que provoca que as consultas se demoren en algúns casos ata un mes. A esto hai que engadir a xeneralización da teleasistencia, feito que resulta altamente preocupante”.
Estes son os motivos polos que a Plataforma reinicia as mobilizacións e chaman a todo o pobo de A Guarda e usuarios/as da contorna, a participar nelas para impedir que continúe o deterioro da sanidade pública.
A plataforma pide a todos os asistentes á concentración que leven máscaras e que se manteñan as distancias de seguridade na concentración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario