10 de xul. de 2020

A GUARDA

O volanteiro Piueiro izará as súas velas

Este sábado día 11 de xullo, ás 20:00 horas, no porto de A Guarda

O volanteiro Piueiro no porto de A Guarda
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 Organizado pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, este sábado día 11 de xullo ás 20:00 horas, o porto de A Guarda acollerá o acto conmemorativo do I aniversario do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrado na vila do Trega, en xullo de 2019.

 Nesa breve celebración, evocadora do evento marítimo máis importante desenvolvido ata o de agora na historia de A Guarda, contarase coa actuación dun grupo de gaitas que interpretará o Himno do Antigo Reino de Galicia. A continuación procederase ao izado da vela do volanteiro Piueiro que se atopa fondeado no porto guardés. 

 Nesta xornada tamén se realizará unha viaxe no volanteiro pola costa da Guarda coas 4 persoas premiadas no concurso realizado dende a páxina web da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro.  

 Este acto será o comenzo das visitas ao volanteiro Piueiro que terán lugar todos os martes e xoves de verán, agás o 23 de xullo. As visitas realizaranse ás 20:00 horas. As persoas interesadas en participar nelas poden ampliar información ou inscribirse na Oficina Municipal de Turismo do Concello de A Guarda, teléfono 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario