O concello de Tui só permitirá fogueiras de San Xoán en terreos privados promovidas por particulares
Foto: Arquivo / C.T.
Infogauda / Tui
O Concello de Tui só autorizará cacharelas e sardiñadas en terreos de titularidade privada, promovidas exclusivamente por particulares, previa solicitude no Concello. No caso de ser autorizadas deben adoptar todas as medidas de prevención e seguridade impostas pola lei, así como as medidas de prevención, contención e coordinación da COVID-19.
Así o indica o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, nun bando onde fai referencia á normativa autonómica publicada no DOG nº115 do 13 de xuño, que no punto cuarto recolle que “sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a Administración autonómica poderá permitir o restablecemento, a partir do 1 de xullo das festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atracción de feira”. Por este motivo no bando da alcaldía indícase que “a concesión de autorizacións expresas para este tipo de eventos deberán ser concedidas pola Xunta de Galicia por ser a autoridade competente”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario