9 de xuño de 2020

O BAIXO MIÑO / VAL MIÑOR

A Xunta de Galicia iniciou as obras de mellora de firme na estrada PO-552 ao seu paso polos concellos de Vigo, Nigrán, O Rosal e A Guarda  

As actuacións, adxudicadas por un importe de preto de 655.000 euros, prevén o seu remate este verán

As obras están a iniciarse no tramo da estrada autonómica no municipio da Guarda

Trátase de traballos de mantemento e conservación do firme en dous tramos desta estrada, un desde o inicio deste vial da Xunta e ata a glorieta da Ramallosa, e outro entre punta do Bazar e a parroquia das Eiras

Persoal operario e máquinas traballando na zoa de San Miguel de Tabagón (O Rosal)
Foto: X.G.


Infogauda / O Baixo Miño / Val Miño

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar hoxe as obras de mellora do firme na estrada PO-552 ao seu polos concellos de Vigo, Nigrán, O Rosal e A Guarda, cun investimento de case 830.000 de euros.

 Esta intervención está a ser executada pola empresa Arias Infraestruturas, S.A., por un importe de preto de 655.000 euros e o obxectivo e telas rematadas este verán.

 Os traballos, que están a iniciarse polo tramo do municipio da Guarda, consisten no fresado e a reposición do firme naqueles puntos da estrada nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, e a reposición da sinalización horizontal.

 Estes traballos de actuación de mantemento e conservación do firme céntrase en dous tramos desta estrada de titularidade da Xunta.

 Unha das actuación de rehabilitación do firme realízase dentro dos 13 primeiros quilómetros da PO-552 e ata a glorieta da Ramallosa ao seu paso polos concello de Vigo e Nigrán, en concreto entre os puntos quilométricos 0+000 a 12+857.

 A outra intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta iniciase na entorna de punta do Bazar, no punto quilométrico 45+010, e a parroquia das Eiras, no 54+492. Este treito de 13 quilómetros coincide co tramo da PO-552 que percorre os concello da Guarda e O Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario