5 de xuño de 2020

GOIÁN

UNHA UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE TRASLADARASE ATA GOIÁN 

· O martes 9 de xuño permanecerá na Praza Pintor Antonio Fernández de 16:00 a 21:00 horas 



 Infogauda / Goián

 O vindeiro martes día 9 de xuño, de 16:00 a 21:00 horas, unha unidade móbil de ADOS estará en Goián, na Praza Pintor Antonio Fernández, para atender a todas as persoas que desexen doar sangue e contribuir a salvar vidas humanas.

 ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.  

 O traballo depende da colaboración diaria das distintas institucións, concellos,centros docentes e empresas galegas, aínda máis nestas circunstancias.  

 As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.  

 PÓDESE SOLICITAR CITA PREVIA NO NÚMERO 900 100 828, OU NA PROPIA UNIDADE MÓBIL.  

 ADOS agradece a constante colaboración dos doantes, vital para acadar as doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a milleiros de doentes.  

 Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuito.  

 O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar a saúde.  

 Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.  

 Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos…  

 Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario