O Sergas activará o número 881 00 20 21 de atención para
as persoas que visiten Galicia e presenten sintomatoloxía covid-19
durante a súa estancia
A Xunta extrema as medidas de detección precoz da covid-19 ante a apertura das fronteiras
O servizo estará activo desde o luns, contribuíndo a axilizar a
concertación das citas médicas e a posible necesidade de probas
serolóxicas
Infogauda / Galicia
A Consellería de Sanidade activará mañá
luns, 22 de xuño, un novo teléfono específico para atender a todas
aquelas persoas que visiten Galicia nos vindeiros meses e evidencien
sintomatoloxía covid-19 durante a súa estadía na comunidade.
A
nova medida establecida pola Xunta de Galicia ten por obxecto extremar o
diagnóstico precoz no territorio galego, ante a apertura das
fronteiras, adiantada polo Goberno central, e a ausencia de limitacións
na mobilidade das persoas.
Nesta mesma liña, a medida pretende
facilitar que calquera persoa que visite Galicia nas vindeiras datas, e
presente síntomas, poida contactar dun xeito sinxelo cos profesionais do
Servizo Galego de Saúde e que estes podan decidir dun xeito áxil tanto á
realización das probas de detección da covid-19 que consideren
necesarias, como o seu tratamento, no caso de ser preciso.
Neste
senso, no caso de que unha persoa que visite Galicia perciba algún dos
síntomas propios da covid-19, esta poderá chamar ao novo número de
atención 881 00 20 21 activado polo Servizo Galego de Saúde e, desde o
mesmo, recibir toda a información que precise en cada momento.
Cómpre
subliñar que, aínda que a persoa que presente sintomatoloxía covid-19
non dispoña da tarxeta sanitaria galega, o Sergas asignaralle unha cita
cun profesional sanitario que, tras unha consulta telefónica inicial,
poderá determinar o que proceda e, no seu caso, solicitar a proba
diagnóstica que considere precisa.
No caso de que o resultado da
proba sexa negativo, simplemente se lle informaría do seu resultado e
lembraranse o conxunto de recomendacións hixiénico-sanitarias que ten
establecidas a Xunta de Galicia. Non obstante, de confirmarse un caso
positivo, o profesional sanitario continuará co proceso establecido,
ademais de activarse, de ser posible, o sistema de seguimento
domiciliario TELEA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario