19 de xuño de 2020

GALICIA

O grupo de música tradicional A Roda, as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Pilar Cernuda, Xosé Manuel Piñeiro e Ana Peleteiro, galardoados coa Medalla Castelao 2020


Infogauda / Santiago de Compostela

  O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se concede esta distinción a aqueles galegos e galegas cuxa obra, en calquera faceta da actividade humana, se considera merecedora do recoñecemento de toda Galicia.

 Estas distincións serán entregadas, como cada ano, o vindeiro 28 de xuño.

O GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA ‘A RODA’

 Desde a súa orixe nas tabernas de Vigo nos anos setenta, teñen pasado por innumerables países visitando centros galegos na diáspora. Forman parte xa do patrimonio cultural de Galicia e suman esta medalla a outros recoñecementos, como o Premio da Crítica de Galicia.

ASOCIACIÓNS DE AMIGOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 Institucións sen ánimo de lucro repartidas por todo o mundo que, desde hai décadas, colaboran na conservación da Ruta Xacobea na difusión do seus valores e na atención aos peregrinos.

PILAR CERNUDA

 Xornalista compostelá especializada en información política cunha ampla e exitosa traxectoria en numerosos medios de comunicación, nos que segue a colaborar, tanto escritos como audiovisuais.

XOSÉ MANUEL PIÑEIRO

 Condutor do programa Supermartes da TVG, este comunicador ten demostrado durante décadas a súa profesionalidade ante as cámaras e a súa empatía e boa relación cos espectadores.

ANA PELETEIRO

 Esta deportista ribeirense acumula, aos seus 24 anos, medallas e récords. É plusmarquista nacional en triplo salto en todas as categorías de idade a partir de sub-18 e campioa de Europa en pista cuberta na súa especialidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario