O Club Balonmán Atlético Guardés constituiu a súa nova Xunta Directiva
B.A.G. / A Guarda
Tras a súa proclamación como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés e de acordo cos Estatutos da entidade, Jesús López González, conformou a seguinte Xunta Directiva:
Presidente: Jesús López González; vicepresidenta: Gloria María Rodríguez Pacheco; vicepresidente: Miguel González Pérez; vicepresidenta: Nuria Lago Rodríguez; secretario: Manuel Martínez Carnero; vicesecretario: Julio Capón Carrera; tesoureiro: Enrique Martínez Alonso; vicetesoureiro: Manuel Rodríguez Baz; vogais: Juan Álvarez Expósito, María José Alonso Martínez, Roberto Martínez de Antoñana Delgado, María Pilar Martínez Castro, Eliseo Magallanes Sobrino; presidente de honra: Juan Rodríguez Pérez.
A presentación pública da nova Xunta Directiva realizarase máis adiante, cando xa se atope o persoal de Liga Guerreiras Iberdrola 2020-2021 na Guarda ou se poida organizar a tradicional presentación do club no verán.
Tras a confirmación da nova Xunta Directiva, o presidente do club Jesús López valorou de maneira positiva “poder contar cun grupo tan numeroso formado por xente que continúa, e outra á que conseguimos sumar con moitas ganas e ilusión”.
O club reestruturarase en diferentes áreas de traballo, xa que ademais contará cun grupo de colaboradores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario