A Xunta de Galicia e a Fundación Repsol convocan a XIV edición do Premio de Narrativa Breve Repsol
O prazo de presentación dos traballos está aberto ata o vindeiro 31 de xullo
A dotación económica é de 12.000 euros e inclúe a publicación na Editorial Galaxia
A iniciativa impulsa e reforza a creación de literatura en lingua galega, ademais de ser unha vía de promoción para as escritoras e escritores galegos
A iniciativa impulsa e reforza a creación de literatura en lingua galega, ademais de ser unha vía de promoción para as escritoras e escritores galegos
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia e a Fundación Repsol
renovan a súa colaboración e convocan a décimo cuarta edición do Premio
Narrativa Breve Repsol, un certame xa consolidado e de referencia no
panorama das letras galegas. Nesta nova edición o prazo de presentación
de traballos na Fundación Repsol está aberto ata o vindeiro 31 de xullo e
os textos deben ser orixinais e escritos conforme á normativa
establecida pola Real Academia Galega. Todas as obras presentadas deben
ser inéditas, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120.
A
dotación económica é de 12.000 euros e inclúe a publicación da novela
gañadora pola Editorial Galaxia. O xurado estará conformado por unha
persoa representante da Consellería de Cultura e Turismo, outra da
Fundación Repsol, da Real Academia Galega, da Asociación de Escritoras e
Escritores en Lingua Galega e outra da Editorial Galaxia.
O
Premio Narrativa Breve Repsol foi creado no ano 2006 pola refinería de
Repsol na Coruña e pola Fundación Repsol desde 2010, e convocado en
colaboración coa Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de
Política Lingüística. Conta, desde o inicio, co apoio da Real Academia
Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así
como coa estreita colaboración da Editorial Galaxia, encargada de editar
as obras gañadoras.
Preto de 400 obras desde o inicio
O
obxectivo desta iniciativa cultural da Fundación Repsol e a Xunta de
Galicia é impulsar e reforzar a creación de literatura en lingua galega,
ademais de ser unha vía de promoción para as escritoras e escritores
noveis. O galardón, xa consolidado, favorece desde a súa creación a
dinamización da literatura escrita en galego. Proba diso son as preto de
400 obras presentadas desde entón e as 13 gañadoras publicadas pola
Editorial Galaxia.
A obra premiada na primeira edición foi Se
algún día esta muller morta (Miguel Sande) e accesit para O insomnio
dos centauros (Xavier Lama). Nas seguintes edicións premiouse a Así
nacen as baleas (Anxos Sumai), A verdade como mal menor (Xosé Luís
Martínez Pereiro), Os Fíos (Xurxo Sierra), Microbios e outros
paquidermos (Fernando Díaz-Castroverde), A forma das nubes (María López
Sande), O derradeiro libro de Emma Olsen (Berta Dávila), A diagonal dos
tolos (Santiago Lopo), Fontán (Marcos Calveiro), Nordeste (Daniel
Asorey), O sono das seras (Xosé Antonio Neira Cruz) e Extraordinario
(Antón Lopo). Na última edición recaeu en Gonzalo Hermo, pola súa
primeira novela Diario dun enterro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario