O Concello de A Guarda realizará a reforma das instalacións deportivas do Codesal
• E investirá máis de 48.000€, de acordo co convenio de cesión temporal das instalacións, asinado coa Entidade Local Menor de Camposancos
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e alcaldesa pedánea de Camposancos, María Mercedes Martínez Vázquez, no acto da sinatura do convenio entre o Concello de A Guarda e a Entidade Local Menor de Camposancos
Fotos: C.A.G.
Infogauda / Camposancos (A Guarda)
No día de onte, luns día 8 de xuño, tivo lugar na Casa do Concello, o acto da firma dun convenio entre o Concello de A Guarda e a Entidade Local Menor de Camposancos, representados polo alcalde Antonio Lomba Baz e alcaldesa pedánea, María Mercedes Martínez Vázquez, respectivamente, para a cesión das instalacións deportivas do Codesal ao concello guardés, por un período de 15 anos.
"Esta cesión vén motivada - segundo fixo público o executivo municipal do Concello guardés - pola necesidade de realizar a renovación e mellora dos vestiarios existentes e instalación dun alumeado exterior para as pistas de petanca, así como a adopción das medidas de seguridade, xestión de residuos, entre outras accións, de cara a mellorar estas instalacións para o servizo do común dos cidadáns".
Desde Praza do Reló, nº 1, tamén salientaron: "As actuacións a realizar forman parte dun proxecto redactado polo concello de A Guarda que será presentado na Deputación de Pontevedra para a súa financiación dentro do Plan Concellos 2020.
O concello de A Guarda encargarase do mantemento das instalación deportivas así como da súa posta en valor ao longo dos 15 anos de cesión".
A devandita cesión temporal fora aprobada por unanimidade, na sesión extraordinaria celebrada pola xunta veciñal da E.L.M. de Camposancos, o venres día 15 de maio de 2020, ás 20:00 horas, no salón de plenos da Entidade Local Menor de Camposancos, na cal se tratou un único asunto:
1. Expediente 18/2020. Proposta da presidencia de aprobación da cesión do campo de fútbol do Codesal ó Concello da Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario