O Concello informa das medidas adoptadas trala entrada na Fase III da chamada "desescalada"
Reunión da Comisión de Seguimento do Covid-19 celebrada onte no salón de plenos da Casa do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Grupo de Goberno do Concello de A Guarda vén de facer público que onte luns día 8 de xuño, coincidindo coa entrada de Galicia na Fase III da desescalada, tivo lugar unha reunión da Comisión de Seguimento do Covid-19 na que se deu conta das novas medidas adoptadas cun aumento no relaxamento das medidas de prevención que, entre outras, permitirán:
• A mobilidade entre as 4 provincias galegas, se a Xunta de Galicia o solicita.
• Eliminación por completo as franxas horarias existentes até o de agora.
• Limitación de aforo ao 50% no comercio minorista e nos mercadillos.
• Nos bares limitación no aforo do local ao 50% e terrazas ao 75%, cunha ocupación máxima por mesa ou conxunto de mesas de 20 persoas.
• Realización de actividades de animación ou clases grupais cun máximo de 20 persoas.
• A apertura de bares de ocio nocturno sempre que non superen un terzo do seu aforo.
• Ampliar o aforo das bibliotecas con estudo en sala ao 50%. Os museos tamén terán un aforo máximo de 50% e visitas en grupo de ata 20 persoas. Os espectáculos culturais en espazos pechados non poderán superar o 50% de aforo, nin reunir a máis de 80 persoas. Ao aire libre o aforo non poderá superar o 50% nin reunir a máis de 800 persoas sentadas.
• A realización de actividades de turismo activo e de natureza en grupos de ata 30 persoas. Para actividades con guía haberá que contratar cita previa e os grupos serán como máximo de 20 persoas.
• Realización de deporte sen superar o 50% da capacidade das instalacións deportivas. Tamén se autoriza a apertura das piscinas para uso deportivo.
• Asistencia aos enterros e velorios cun límite de 50 persoas ao aire libre e 25 en espazos pechados.
• Asistencia aos lugares de culto cun aforo limitado ao 75%.
A maiores destas medidas de carácter xeral para Galicia, o Concello da Guarda permitirá:
• Acceso ao Punto Limpo municipal sen necesidade de cita previa, sempre que se respecte o aforo e as distancias de seguridade, cun novo horario que será os luns, martes, xoves e venres de 8:00 a 14:00h; os mércores de 8:00 a 18:00 e os sábados de 8:30 a 13:30h.
• Acceso ás instalacións deportivas do parque de patinaxe “Atalaia” sen necesidade de cita previa, sempre que se respecte o aforo e as distancias de seguridade
•Acceso para a práctica deportiva do baloncesto e outros deportes ás instalacións do Centro Cultural, do Porto e de Salcidos.
Dende o Concello da Guarda se apela á responsabilidade individual para respectar estas medidas e favorecer a convivencia da cidadanía nos espazos públicos, en aras de previr novos contaxios polo Covid-19.
Ningún comentario:
Publicar un comentario