18 de xuño de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Habilitada unha pista de voleibol na praia da Lamiña  

· Desde o Concello guardés lembran que este deporte estará permitido neste espazo sempre que se cumpran as normativas vixentes de hixiene e seguridade
  

Vista parcial da pista de voleibol na praia da Lamiña
Foto: C.A.G.

Infogauda / Camposancos (A Guarda)

 O Clube Volei Miño en colaboración co Concello de A Guarda vén de instalar na praia da Lamiña (Camposancos), unha rede para a práctica do voleibol.

 Desde o Concello guardés lembran que "este deporte estará permitido neste espazo sempre que se cumpran as normativas vixentes de hixiene e seguridade, sendo obrigatorio desinfectar a rede antes e despois do seu uso, sendo cada persoa responsable de desinfectar o seu balón tantas veces como sexa necesario e permitindo só o xogo 2 vs 2 mantendo a distancia de seguridade".  

Información dispoñible para os usuarios, nos soportes da rede da pista de voleibol


 Finalmente, desde o Equipo de Goberno Municipal indican que "a rede é propiedade do Club de Volei Miño, pero é para o desfrute de todos/as os que desexen practicar este deporte, tentando tamén atraer máis deportistas a este clube local".

Ningún comentario:

Publicar un comentario