O Concello organiza un curso de surf
As inscricións xa están abertas
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Deportes, organiza un curso de surf para adolescentes de entre 12 e 18 anos.
O curso terá lugar na praia de Patos, en Nigrán, o venres 10 de xullo, de 17:00 a 19:00 horas. A saída será ás 16:00 horas desde A Sangriña.
O prezo é de 16€ por persoa, e inclúe transporte dende A Guarda.
As inscricións están abertas ata o vindeiro 3 de xullo no teléfono 690 628 751, no enderezo electrónico deportes@aguarda.es ou na seguinte ligazón: http://ow.ly/GZR650AdWtD
A cada participante entregaráselle un protocolo de seguridade e cumpriranse unhas estritas medidas de protección fronte ao Covid-19, formándose subgrupos moi reducidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario