A Guarda celebrará o Día Internacional do Ioga
O domingo 21 de xuño, ás 10:30 h., coa segunda edición de Ioga no Castelo
Infogauda / A Guarda
O vindeiro domingo día 21 de xuño, ás 10:30 h., a Fortaleza de Santa Cruz acollerá unha nova edición de “Ioga no Castelo”, organizado polo Centro Awen Yoga en colaboración co Concello de A Guarda.
O obxectivo desta actividade é celebrar este día e que as persoas se acheguen ao mundo do ioga e coñezan os seus beneficios.
Esta
actividade vai a estar dirixida polos profesionais do Centro Awen:
Elvira, Pablo e Carmiña, profesora de ioga para nenas/os e adolescentes.
É unha actividade de balde. Non é necesaria inscrición. Recoméndase levar unha esteira ou toalla, un cinto ou un foulard.
Teléfonos de información:
• Awen Yoga: 986 611 871
• Concellería de Deportes: 690 928 751
En sánscrito - lingua clásica da India - ioga significa unión entre corpo, mente e espírito, e o Día Internacional do Ioga recoñece tanto a orixe do ioga como a súa práctica. A iniciativa de celebrar este día a nivel internacional foi presentada ante as Nacións Unidas polo primeiro ministro da India, Narendra Damodardas Modi, en setembro de 2014 con estas palabras: “O ioga é unha inestimable contribución da antiga tradición da India. Encarna a unidade da mente e o corpo, o pensamento e a acción, a moderación e a satisfacción plena, a harmonía entre o home e a natureza, e un enfoque holístico da saúde e o benestar”.
Trala súa proposta, a ONU aprobou a resolución, cuxa iniciativa foi apoiada por 175 países, o máis elevado número de países solidarios na historia da organización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario