ESTE ANO A CELEBRACIÓN DO "DÍA DO SEÑOR" SERÁ DIFERENTE
· Máis con toda á devoción tan característica do pobo guardés
· Máis con toda á devoción tan característica do pobo guardés
Mosaico de imaxes exposto ao público polo grupo de alfombristas do 2º tramo da rúa Concepción Arenal
Foto: Infogauda
Foto: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A diferencia de edicións precedentes, a estas alturas do calendario, os grupos veciñais das diferentes rúas guardesas que adoitaban confeccionar as alfombras florales e de sal na honra do Santísimo Sacramento, xa levaban máis dun mes traballando, tanto na recolleita dos materiais (árnica, buxo, carrasca, fiúncho, mimosa, pionas de eucalipto, tuia, ...), como no seu debullado. Todo iso, segundo á experiencia adquirida ao longo de varias décadas, e sempre moi pendentes da climatoloxía para evitar que a materia prima se estragase.
É un traballo no que non sobran mans e toda axuda é pouca e moi de agradecer, sobor de todo para ir polos camiños, as leiras á monte, ..., á procura dos ingredientes que xunto coas flores (caraveis, hortensias, pampullos, rosas,...) ían dar forma ás artísticas alfombras na honra do Señor, nas que para cada tramo alfombrado hai un deseño diferente que tamén ten o seu traballo previo. E logo, como é obvio, tamén na hora do seu marcado na rúa, a unha escala maior.
Todos eses labores que á veciñanza - maioritariamente feminina - viña desenvolvendo nas semanas previas ao día do Señor, este ano quedou reducido a unha simbólica expresión debido a situación xerada polo SARS-CoV-2, coronavirus causante da pandemia actual de covid-19.
Ninguén contaba con que isto fose acontecer, e que logo da decraración da pandemia, súas consecuencias fosen tan graves a todos os niveis. Como todo o mundo sabe, a partires do 14 de marzo de 2020 pódese decir que houbo un antes e un despois. Neste caso, os que sobrevivimos temos que manter ás debidas cautelas para non poñer en risco as vidas propias e as alleas, todas elas moi valiosas, porque logo de tres meses ainda non logramos acadar a total normalidade, por moito que todos a desexemos, nin sabemos cando e de que xeito será no futuro.
A celebración do Corpus Christi deste 2020 tamén se verá afectada pola situación que vimos de mencionar. É un feito que ninguén descoñece. Porén, o pobo de A Guarda, sobor de todo ás mulleres, homes e cativos que en anos precedentes viñan realizando as alfombras florais na honra do Santísimo Sacramento, non quixeron deixar pasar esta data sen a testemuña da súa devoción. Dese xeito, en cada tramo de rúas nas que era tradicional á realización de alfombras, hai tamén nesta ocasión algunhas mostras do traballo veciñal. Diferente, sen o bulicio e á animación doutrora, pero en todo caso, co mesmo agarimo.
Asemade a Asociación Cultural das Alfombras da Guarda e o Concello guardés convidaron á cidadanía a deixar testemuña gráfica deste evento, que nesta ocasión, de acordo coas instruccions das autoridades sanitarias, non pode ser como a todos nos gustaría.
En todo caso, o pobo de A Guarda, conmemorará a festividade do Corpus Christi segundo ás posibilidades que permite o actual estado de alarma, pero con todo o fervor que é característico das nosas xentes e coa esperanza de que en 2021, a celebración poida ser como era costume.
· Galería de imaxes das Alfombras do Santísimo de 2019
· Galería de imaxes das Alfombras do Santísimo de 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario