10 de xuño de 2020

A GUARDA

A Guarda Diversa, iniciativa que pretende dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+ 

· Mediante varias accións, que terán lugar entre o 15 e o 27 de xuño de 2020, nas redes sociais e en liña 



Infogauda / A Guarda
     
 O Concello de A Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Silva Uris - profesora de Educación Infantil, especialista en xénero e igualdade, e responsable do proxecto Transformando Realidades -, pon en marcha este ano o proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar entre o 15 e o 27 de xuño de 2020, nas redes sociais e de xeito en liña.  

 Entre as actividades programadas destacan a realización de 5 directos a través de redes sociais, dirixidos e coordinados por Sara Silva Uris  nos que se contará coas experiencias de persoas moi vinculadas a este colectivo e que amosarán, dun xeito ameno e de proximidade, como é a realidade do colectivo LGTBIQ+ dende diferentes puntos de vista. Os directos realizaranse ás 19:30h, dende o perfil de Instagram de Transformando Realidades (@transformando.realidades)  

Calendario: 

• 15 de xuño: A realidade LGTBIQ+. Da teoría á rúa. Por María Torre, xornalista, sexóloga clínica, educadora sexual e creadora de Ars Eroticas. Falarase de como vivir sendo parte da comunidade LGTBIQ+ dende unha perspectiva práctica e real. Se alguén pensaba que xa o tiñamos todo logrado, que espere a coñecer como é en realidade.   

• 17 de xuño: Orgullos e espazos LGTBI. Por Ignacio Elpidio Domínguez Ruiz, doutor en Antropoloxía, investigador, autor de “Bifobia” e de “Cuando muera Chueca”, entre outros libros. Falarase sobre diferentes espazos LGTBIQ+ e sobre o papel dos Orgullos, relacionando as grandes cidades e os municipios pequenos.   

• 18 de xuño: Formando unha familia. As expectativas da crianza. Por Soledad Fernández, presidenta de Chrysallis Galicia (Asociación de Familias de Menores Trans). Falarase sobre a influencia das normas e estándares da sociedade nas expectativas dacrianza.  

• 22 de xuño: Son unha nena Trans, nin travesti, nin transformer. Por Alejandra e Pili. Familia TransOrgullosa. Falarase das vivencias e experiencias dunha familia chea de cor.  

• 25 de xuño:  A realidade trans. Por Ada Otero Huertas, licenciada en Dereito, coordinadora do CIDES e activista LGTBIQ+. Falarase do camiño e descubrimento dunha persoa trans, así coma das trabas que lle obrigan a converterse en “experta de todo”.   

• 26 de xuño: Contacontos Con Tango son tres. Impartido por Sara Silva Uris, de Transformando Realidades, profesora de Educación Infantil, especialista en Xénero e Igualdade. Coa colaboración de Andrés Laguna.  

• 27 de xuño. Obradoiro infantil realizado por Sara Silva Uris, de Transformando Realidades, coa colaboración de Maite Neves. Manualidades para toda a familia, facendo un guiño a festividade do Orgullo LGTBIQ+.   

 Entre as accións programadas e en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de A Guarda, publicaranse en redes sociais diferentes informacións sobre libros e lecturas recomendadas sobre a temática LGTBIQ+.

Ningún comentario:

Publicar un comentario