O Concello vai incorporar 10 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación
· A partir do 1 de xuño cubrirán os postos de oficial albanel (3), oficial electricista (1), recollida de lixo e limpeza viaria (4), condutor/a-operador/a de maquinaria forestal con motor (1) e auxiliar domiciliario (1)
· A partir do 1 de xuño cubrirán os postos de oficial albanel (3), oficial electricista (1), recollida de lixo e limpeza viaria (4), condutor/a-operador/a de maquinaria forestal con motor (1) e auxiliar domiciliario (1)
Casa do Concello do Rosal
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal incorporará o vindeiro día 1 de xuño aos 10 novos traballadores e traballadoras contratados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para o ano 2020 ao abeiro da liña 3 destinada ao emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Estas dez persoas foron as que obtiveron as puntuacións máis altas na baremación de méritos e nas probas prácticas realizadas despoisda reanudación do proceso selectivo tras a suspensión de todos os procedementos nas Administracións públicas por mor da crise sanitaria.
Estes novos empregados e empregadas terán contrato a xornada completa por tempo que oscilará entre os seis e os nove meses, dependendo do posto ocupado.
Deste xeito, dende este luns o Concello do Rosal conta con tres novos oficiais albaneis para a revalorización de espazos públicos, un novo oficial electricista e un novo condutor para a brigada de vías e obras. Ademais incorpóranse unha nova auxiliar de axuda no fogar e catro persoas para os postos de peóns de limpeza viaria e de recollida de lixo.
"Dende o Concello quérese trasladar o agradecemento a todo o persoal técnico que se encargou de realizar as probas deste proceso selectivo", dixo á alcaldesa Ánxela Fernández.
Ningún comentario:
Publicar un comentario