O Concello acondiciona varias pistas de acceso para mellorar os espazos de paseo
· Realizouse un acondicionamento do firme e limpeza na zona de concentración parcelaria con medios municipais e da Mancomunidade do Baixo Miño
Na imaxe, unhas das vías municipais acondicionadas polo Concello do Rosal
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal volve pouco a pouco a reactivarse tras os meses de confinamento pola crise sanitaria por COVID-19 e xa levou a cabo o acondicionamento de varias vías municipais para mellorar os espazos públicos para o paseo dos rosaleiros e rosaleiras. Entre as obras de mellora feitas nos últimos días está o arranxo do firme en varias pistas de acceso ás fincas da zona de concentración parcelaria, así como a limpeza destas vías.
O Goberno municipal que preside Ámxela Fernández levou a cabo estas obras de reparación dos camiños principais desta zona co claro obxectivo de axeitalos para o uso das/os viandantes que camiñan por eles, mellorando deste xeito tamén a calidade de vida dos veciños e veciñas.
Os traballos de mellora leváronse a cabo tanto con medios municipais como da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, quen achegou a maquinaria necesaria para levalos a cabo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario