Sanidade finaliza a primeira parte do seu estudo autonómico de seroprevalencia para analizar a circulación do COVID-19
Os resultados analizaranse nos vindeiros días polo Instituto Galego de Estatística para a obtención da información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais
O total de persoas contactadas para a realización do test foi de 61.836 nesta primeira oleada
Foto: X.G.
O traballo permitirán acadar un coñecemento profundo da epidemia do COVID-19, posibilitando adoptar as medidas sanitarias máis axeitadas
O departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña agradece a colaboración tanto da poboación como dos profesionais que, nestas últimas dúas semanas, colaboraron na realización deste estudo
Infogauda / Galicia
A Consellería de Sanidade vén de rematar a primeira parte do seu estudo autonómico de seroprevalencia, iniciado o pasado 23 de abril, que con carácter autonómico analiza a circulación do virus SARS-Cov2 dentro da poboación galega en todo o territorio. Galicia foi a primeira comunidade autónoma en iniciar un estudo de seroprevalencia poboacional dentro do Estado.
Os resultados analizaranse nos vindeiros días polo Instituto Galego de Estatística para a obtención da información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais.
Cómpre remarcar que o total de persoas contactadas para a realización do test foi de 61.836 nesta primeira oleada, para obter as 50.925 persoas establecidas na mostra inicial coa finalidade de cumprir cos obxectivos do estudo.
O número de mulleres da mostra supón o 49,19% e o dos homes o 50,81%. No que se refire á idade, os menores de 19 anos son o 15,84%; entre os 20 e os 64 anos son o 58,59%, e os maiores de 65 anos on o 25,28% do total.
Este estudo epidemiolóxico permitirá ter unha visión máis nítida e ampla do COVID-19 en Galicia, repercutindo, dun xeito beneficioso, en toda a poboación, xa que os resultados do traballo, permitirán acadar un coñecemento profundo da epidemia do COVID-19, posibilitando adoptar as medidas sanitarias máis axeitadas; ademais de coñecela súa incidencia de acordo as variables de sexo, idade, área territorial; poder programar ordenadamente o regreso á normalidade dos sectores produtivos e, sobre todo, poder anticiparse perante a posibilidade de novos contaxios potenciais.
Remarcar que estes test de anticorpos totais dispoñen do marcado CE (requerimento de homologación europeo); obtendo un valor de sensibilidade do 64% cando non se coñece a data de inicio e aumentando a un 80% a partir dos 7 días do comezo da infección; e unha especificidade do 100%.
Subliñar, así mesmo, que a avaliación interna dos test realizada polo Sergas co obxectivo de confirmar os datos de validez dos mesmos (análise de sensibilidade e especificidade), son concordantes cos obtidos polo Instituto de Saúde Carlos III.
A Consellería de Sanidade agradece a colaboración tanto da poboación como dos profesionais que, nestas últimas dúas semanas, colaboraron na realización deste estudo que é fundamental para coñecer a circulación do virus en Galicia.
Foto: X.G.
O traballo permitirán acadar un coñecemento profundo da epidemia do COVID-19, posibilitando adoptar as medidas sanitarias máis axeitadas
O departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña agradece a colaboración tanto da poboación como dos profesionais que, nestas últimas dúas semanas, colaboraron na realización deste estudo
Infogauda / Galicia
A Consellería de Sanidade vén de rematar a primeira parte do seu estudo autonómico de seroprevalencia, iniciado o pasado 23 de abril, que con carácter autonómico analiza a circulación do virus SARS-Cov2 dentro da poboación galega en todo o territorio. Galicia foi a primeira comunidade autónoma en iniciar un estudo de seroprevalencia poboacional dentro do Estado.
Os resultados analizaranse nos vindeiros días polo Instituto Galego de Estatística para a obtención da información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais.
Cómpre remarcar que o total de persoas contactadas para a realización do test foi de 61.836 nesta primeira oleada, para obter as 50.925 persoas establecidas na mostra inicial coa finalidade de cumprir cos obxectivos do estudo.
Obxectivos do estudo e mostra
Os obxectivos deste estudo realizado polo departamento sanitario galego son os de estimar a prevalencia fronte ao COVID-19 en Galicia, nas súas comarcas ou grupos de comarcas e nos concellos; así como explorar a prevalencia da inmunidade fronte ao coronavirus por sexo e grandes grupos de idade, ademais de monitorizar a evolución da epidemia no tempo, coa recollida de información en dúas ondas.O número de mulleres da mostra supón o 49,19% e o dos homes o 50,81%. No que se refire á idade, os menores de 19 anos son o 15,84%; entre os 20 e os 64 anos son o 58,59%, e os maiores de 65 anos on o 25,28% do total.
Este estudo epidemiolóxico permitirá ter unha visión máis nítida e ampla do COVID-19 en Galicia, repercutindo, dun xeito beneficioso, en toda a poboación, xa que os resultados do traballo, permitirán acadar un coñecemento profundo da epidemia do COVID-19, posibilitando adoptar as medidas sanitarias máis axeitadas; ademais de coñecela súa incidencia de acordo as variables de sexo, idade, área territorial; poder programar ordenadamente o regreso á normalidade dos sectores produtivos e, sobre todo, poder anticiparse perante a posibilidade de novos contaxios potenciais.
Test avalados
Os test de anticorpos totais utilizado para este traballo teñen o aval do Centro Nacional de Microbioloxia e do Instituto de Saúde Carlos III do Ministerio de Sanidade. Ademais, a Organización Mundial da Saúde recomenda este tipo de test rápidos so para estudos poboacionais e, en xeral, os descartan para o diagnóstico, coincidindo coa conclusión da Comisión de Expertos da Xunta de Galicia do pasado 8 de abril.Remarcar que estes test de anticorpos totais dispoñen do marcado CE (requerimento de homologación europeo); obtendo un valor de sensibilidade do 64% cando non se coñece a data de inicio e aumentando a un 80% a partir dos 7 días do comezo da infección; e unha especificidade do 100%.
Subliñar, así mesmo, que a avaliación interna dos test realizada polo Sergas co obxectivo de confirmar os datos de validez dos mesmos (análise de sensibilidade e especificidade), son concordantes cos obtidos polo Instituto de Saúde Carlos III.
A Consellería de Sanidade agradece a colaboración tanto da poboación como dos profesionais que, nestas últimas dúas semanas, colaboraron na realización deste estudo que é fundamental para coñecer a circulación do virus en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario