219 concellos galegos quedan libres de franxas e poden abrir o
espazo interior de bares e restaurantes en base aos criterios
establecidos polo Goberno central
Trátase
de concellos de menos de 10.000 habitantes que teñen unha densidade
poboacional inferior a 100 habitantes por quilómetro cadrado como marca o
BOE
As parroquias de menos de 5.000 habitantes que non cumpran o novo
criterio de densidade establecido polo Goberno central manteñen a súa
liberdade de franxas
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
219 dos 313 concellos galegos, é dicir, o
70%, quedan libres xa na súa totalidade de franxas horarias para pasear
e facer deporte en base aos novos criterios establecidos hoxe polo
Goberno central. Tamén poden abrir os espazos interiores de bares e
restaurantes. Trátase de concellos de menos de 10.000 habitantes que
teñen unha densidade poboacional inferior a 100 habitantes por
quilómetro cadrado. A gran maioría deles xa tiñan parroquias libres de
franxas pero agora amplían esa potestade a todo o seu termo municipal e
tamén ven reducidas as medidas de confinamento.
O ministro de
Sanidade anunciara a medida o día 17 pero non foi ata hoxe cando se
concretou no Boletín Oficial do Estado (BOE). De feito, inclúe criterios
diferentes aos sinalados no caso dos concellos e parroquias de menos de
5.000 habitantes, cando non se tiña en conta a densidade poboacional.
Ademais,
a orde publicada hoxe no BOE está dirixida a aqueles territorios en
fase 0 e 1. Polo tanto, en Galicia só estará vixente esta fin de semana,
xa que vén de confirmarse que o próximo luns todo o territorio galego
pasará a fase 2. Novamente, a Delegación de Goberno en Galicia pediu á
Xunta que interpretara a orde do Goberno central, a diferenza do
ocorrido en Asturias, onde foron os propios concellos os que aplicaron a
norma. A Administración autonómica remitiu hoxe á relación dos 219
concellos ao delegado do Goberno.
Ao incluír o criterio da
densidade faise imposible aplicar esta norma por parroquias
individualizadas, xa que ningunha das situadas en concellos de entre
5.000 e 10.000 habitantes reuniría este requisito, e, polo tanto, non se
sumaría ás que xa teñen liberdade de franxas. A pesares disto, as
parroquias de menos de 5.000 habitantes que non cumpran o novo criterio
de densidade incluído no BOE manterán, segundo a Xunta, a súa liberdade
de franxas para pasear e facer deporte como ata o de agora, xa que non
se entendería que agora se visen prexudicadas.
Cómpre engadir, que
a Xunta de Galicia non recibiu resposta á súa solicitude da semana
pasada, na que pedía que se eliminasen as franxas horarias e a
limitación de non poder saír do municipio na práctica deportiva en todos
os concellos galegos, independentemente do número de poboación.
Documentos relacionados
Ningún comentario:
Publicar un comentario