27 de maio de 2020

A GUARDA

O BNG VALORA POSITIVAMENTE OS ACORDOS PARA CONTRARRESTAR OS EFECTOS DA CRISE 

Acadados coas outras forzas políticas no Concello de A Guarda

Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda
Foto: BNG


Infogauda / A Guarda

 O portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente, vén de referir que valora "positivamente os acordos acadados no día de hoxe na mesa técnica co resto das formacións políticas da corporación e os  técnicos municipais".  

 Asemade, Anxo Lois Baz deu a coñecer os acordos acadados, que son os seguintes:  

 1. Redución  do importe das licenzas de apertura para o fomento e creación de novas empresas. 

 2. Bonificacións das taxas do lixo e auga  con criterios que garantan mellor a xustiza social para todas aquelas familias cunha renta per capita inferior ao IPREM (537,48 € mensuais). 

 3. Dirixirse ao goberno central e galego para que modifiquen a lei e excepcionalmente as administracións locais poidan aplicar a reducción proporcional aos recibos do lixo no período de cese de actividade para autónomos e PYMES por causa da pandemia da COVID-19. De non producirse este cambio legal o Concello comprométese a estudar outras medidas que conduzan  ao mesmo fin, entre as que se contempla aplicar a redución correspondente  no ano 2021 de non ser posibeis por razóns legais no 2020.  

 "O resto de medidas propostas polo BNG serán debatidas no pleno que se celebrará o próximo venres desta semana e inciden tanto na reactivación da economía local coma en melloras nos servizos sociais, medioambientais e de mobilidade e seguridade vial", concluíu Baz Vicente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario