O ALCALDE LEVANTOU A SUSPENSIÓN DOS ÓRGANOS COLEXIADOS MUNICIPAIS
· Que volverán a celebrarse coa súa periodicidade habitual
· Que volverán a celebrarse coa súa periodicidade habitual
Antonio Lomba Baz, alcalde do Concello de A Guarda
Foto: Arquivo / C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A Secretaria do Concello de A Guarda, vén de dar a coñecer o contido do Expediente 653/2020, Decreto 2020-0501, polo cal fai público á seguinte notificación:
"Pola presente notifícase que o Sr. Alcalde adoptou con data 06 de maio de 2020 a seguinte resolución:
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Mediante Decreto 2020/0374, de 19 de marzo se acordou a suspensión das sesións dos órganos colexiados municipais, a excepción da Comisión de Seguimento do COVID-19, como consecuencia da declaración do estado de alarma decretado pola situación de crise sanitaria orixinado polo COVID-19.
Considerando axeitada a reanudación da celebración das sesións dos órganos colexiados municipais, garantindo as correspondentes medidas de seguridade e utilizando no seu caso os medios telemáticos para o seu desenvolvemento
En virtude das facultades que me confire o ordenamento xurídico RESOLVO:
PRIMEIRO.- Levantar a suspensión das sesións dos órganos colexiados municipais, que volverán a celebrarse coa súa periodicidade habitual.
SEGUNDO.- Notificar a presente resolución aos grupos políticos municipais, así como proceder á súa publicación nos medios existentes, para o seu xeral coñecemento.
A Secretaria
Julia Mª Carrasco Glez-Alegre
Ningún comentario:
Publicar un comentario